TURISMO

Abren ao público os baños da dársena de Xoán XXIII

06/05/2022 Hoxe abriron ao público os baños da dársena de Xoán XXIII, despois do acondicionamento que levou a cabo o Concello de Santiago; polo que xa están a disposición da veciñanza, dos usuarios do aparcamento, e das persoas que visitan Compostela.

A remodelación permitiu cambiar os lavabos, as billas e os secadores de mans. Colocáronse papeleiras e cambiadores de cueiros, tanto nos baños de homes como nos de mulleres. Tamén se cambiou a sinaléctica e levouse a cabo unha reparación de toda a fontanería que o precisaba. Pintáronse as paredes e as portas, e realizouse unha limpeza profunda tanto dos aseos como dos accesos aos mesmos.

Este acondicionamento permitiu pór eses baños a disposición da cidadanía, cunhas instalacións remodeladas e seminovas. Son os segundos baños públicos que se abren este ano, despois dos da Alameda, que están operativos, tras unha renovación integral, desde o pasado mes de abril. A utilización de ámbolos dous servizos é gratuita.

Compartir: