XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno aproba ampliar ata maio de 2024 o prazo para presentar os Informes de Avaliación dos Edificios de máis de 50 anos

02/05/2022 A Xunta de Goberno aprobou hoxe ampliar ata o 20 de maio de 2024 o prazo máximo de presentación dos informes de Avaliación dos Edificios (IAE), para o caso dos edificios catalogados e o resto de edificios cunha antigüidade de mais de 50 anos. Foi un dos asuntos dos que informou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, en Rolda de prensa.

Está previsto publicar un bando informando do novo prazo, en conformidade co Decreto 61/2021, polo que se regula o informe de avaliación dos edificios e se crea o Rexistro Galego de Informes de Avaliación dos Edificios, establece aos propietarios de edificios de uso residencial de vivenda colectiva, cunha antigüidade de máis de 50 anos.

O informe de avaliación é un documento que acredita o estado de conservación do edificio, avalía a súa accesibilidade universal e informa sobre a súa eficiencia enerxética. Ese decreto é de aplicación aos edificios de uso residencial de vivenda colectiva cunha antigüidade de máis de 50 anos, agás que a normativa municipal estableza unha antigüidade inferior; e ao resto dos edificios, cando así o determine a normativa municipal, que poderá establecer especialidades de aplicación do citado informe en función da súa situación, antigüidade, tipoloxía e uso predominante.

Hortas municipais
O executivo municipal tamén deu luz verde á apertura de prazo para as "Solicitudes de renovación da concesión de uso das hortas municipais nos parques de Belvís de abaixo, Campo das Hortas e Santa Marta". Ábrese o próximo xoves, día 5, e remata o día 20 de maio.

As persoas que na actualidade teñen concedida a autorización de uso poderán solicitar a súa renovación, para o que deberán presentar a seguinte documentación: impreso de solicitude debidamente cuberto, polo que se require a renovación da concesión de autorización por outros dous anos e pola que se autoriza ao Concello a comprobar, de oficio, a inscrición padroal da persoa solicitante; e fotocopia do DNI ou NIE.

No caso das hortas municipais de Brañas de Sar, os beneficiarios deberán devolverlla ao Concello, deixándoa baleira e a súa libre disposición nun prazo máximo de 15 días a partir de hoxe.
As pesoas que desexen traballar algunha destas hortas, deberán presentar o impreso de solicitude debidamente cuberto, incluídos os anexos, así como un documento de identificación; entre o 5 e o 20 de maio, ámbolos dous incluídos.

Licenzas
Na reunión do goberno municpal tamén se acordou conceder a Orange España Comunicacións Fijas, S.L., licenza para realizar a fase 12 do plan de depregue da rede FTTH (fibra óptica), cun orzamento de execución material de 15.727,14 euros. O ámbito de actuacióin desta fase afecta á rúa dos Loureiros e rúa Xasmíns, rúa de San Roque e Campiño do Carme, rúa de San Clemente, rúa do Carme de Abaixo, Campo das Hortas, Entregaleras, e rúa do Cruceiro do Gaio.
Acordou, ademais, conceder a Abeconsa SL, licenza para a execución dun edificio de 24 viviendas, trasteiros e garaxes na rúa Avelino Pousa Antelo, cun orzamento de Execución Material de 3.186.209,89 euros.

Contratación
A Xunta de Goberno Local tamén aprobou o expediente denominado "Prestación do servizo de redacción de proxecto básico e de execución e dirección facultativa das obras do Centro Integral para a Inclusión Social e abrir o procedemento aberto de adxudicación correspondente"; e deu luz verde ao gasto de financiación do contrato, que ascede a 123.961,46 euros Esta actuación forma parte da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado do Concello de Santiago (EDUSI Santiago) cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020 nun 80% sendo o 20% restante con cargo a dotación económica municipal.

Outros acordos
A Xunta de Goberno Local tamén autorizou o préstamo temporal á Fundación Cidade da Cultura de Galicia e á fundación Afundación de varios documentos do Concello de Santiago de Compostela . Entre eles o alcalde destacou o alzado da casa das Pomas de Diego Romay, o plano do ferrocarril compostelano; o primeiro libro de actas do Concello de Santiago de entre 1416 e1422; ou o plano do proxecto de mercado de abastos de Santiago de Agustín Gómez de Santamaría, de 1870.

Acordouse ademais, comprometer o gasto, por importe de 13.572,87 euros, a favor de Abanca Corporación Bancaria S.A pola súa consideración de entidade colaboradora designada para a entrega e distribución dos fondos das axudas do "Programa de dinamización e incentivación do consumo no comercio e hostalería da contorna da rúa dos Concheiros, a través dos bonos Corazón Concheiros".

Documentos relacionados



Compartir: