IGUALDADE

Compostela celebra o Día Internacional da Muller

08/03/2022 O Concello de Santiago celebrou hoxe o Día Internacional da Muller cun acto institucional no que o alcalde e representantes dos grupos municipais que integran a Corporación deron lectura a un manifesto, e co fallo do premio Xohana Torres, que recaeu na curtametraxe "As pétalas murmuran" de Arantxa Lamas Ponte.

No marco dos actos de conmemoración do Día Internacional da Muller, a praza de Obradoiro acolleu esta mañá ás 11:30, a lectura dun manifesto que abriu a concelleira de Igualdade, Mercedes Rosón, seguida polas intervencións das voceiras do BNG, Goretti Sanmartín, e de CA, Marta Lois, e con peche a cargo do alcalde de Santiago, Xosé S. Bugallo. Con esta declaración pública, os membros da Corporación municipal quixeron transmitir a "solidaridade do Concello de Santiago" coas mulleres "que por mor da agresión bélica, volven ser vítimas por partida dupla: pola maior exposición a agresión sexuais e pola sobrecarga de traballo", e tamén con aquelas que son vítimas dos delitos sexuais e calquera tipo de violencia.

Al longo da lectura tamén se reiterou o "compromiso desde o Concello de Santiago coa defensa dos dereitos das mulleres e co obxectivo de que ocupen o lugar que lles corresponde" e o papel relevante da corporación municipal "na construción social en igualdade pola súa capacidade para chegar aos corazóns e ás conciencias, cimentos estes máis determinantes no comportamiento".

"As pétalas murmuran"

Como antesala á lectura do manifesto, o Salón Nobre do Pazo de Raxoi acolleu o acto de fallo e entrega do premio Xohana Torres, que nesta ocasión recaeu, na modalidade audiovisual, na curtametraxe "As pétalas murmuran", de Arantxa Ramos Ponte, que recibiu o galardón dotado con 2.500 euros.

Da obra gañadora, o xurado destacou a "mirada que se traslada a través dos efectos migratorios, o seu simbolismo e o encaixe das personaxes nas diferentes etapas e capítulos que lle da sentido ao relato no seu conxunto, destacando e poñendo en valor o talante intimista e a sensibilidade da obra". Na modalidade de ensaio, o premio quedou deserto.

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, presidiu a cerimonia, conducida pola concelleira de Igualdade, Mercedes Rosón, e que tamén contou coa presenza doutros/as integrantes da Corporación. Ricardo Rivera foi o encargado de ler a acta do xurado e a propia concelleira desvelou o nome da gañadora.

O alcalde cerrou o acto reivindicando a figura de Xohana Torres e o premio que leva o seu nome, instaurado no Concello en 1993.

Premio Xohana Torres

A esta convocatoria 2021 do Premio Xohana Torres de Ensaio e Creación Audiovisual, estaba aberto a traballos en forma de ensaio, investigación científica ou composición audiovisual, sobre as mulleres nos diferentes ámbitos da sociedade galega.

Cada premio, un na modalidade de ensaio e outro na modalidade de creación audiovisual, estarán dotado con 2.500 €, que cubrirán os dereitos de edición das obras por parte do Servizo de Publicacións da USC.

O Premio Xohana Torres recuperouse en 2016 tras varios anos sen convocarse e co obxectivo de recuperar a memoria histórica das mulleres de Compostela. Foi instituído no ano 1993 e, tras 17 edicións, decidiuse abrir o premio ao ensaio, tanto literario como científico.

Compartir: