DEPORTES

Recepción ás supcampioas nacionais de ximnasia rítimica na categoría alevín, pertencentes ao Club Viravolta

28/02/2022 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, presidiu esta tarde a recepción ao Club Viravolta de Ximnasia Rítmica de Santiago de Compostela, que en novembro pasado se proclamou subcampión nacional na categoría alevín.

Foi no último Campionato Nacional de Conxuntos Base de ximnasia rítmica, que se celebrou no pavillón Pisuerga de Valladolid. Alí, as cinco ximnastas, Carmen, María, Guadalupe, Sofía e Alba, conseguiron facer historia na rítmica galega, cunha medalla de plata na súa categoría. Durante a recepción, na que tamén estaban presentes a concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, a primeira tenente de alcalde, Mercedes Rosón; o edil do PP, José Antonio Constenla; Branca Novoneyra, de Compostela Aberta; a portavoz do BNG local, Goretti Sanmartín; e dúas adestradoras do Club Viravolta; o alcalde interesouse polos estudos e polo ritmo de adestramento e competición das pequenas ximnastas.

Non é este o único trofeo acadado. Xa levan colleitando varios éxistos dende 2018, co título consecutivo de campioas galegas. E en 2021 coroáronse subcampioas estatais, fronte a máis de 70 equipos participantes.

Compartir: