MEDIO AMBIENTE

ACTUALIZACIÓN: ESTADO DA SUBMINISTRACIÓN DE AUGA NO CONCELLO DE SANTIAGO (luns 13 de setembro)

13/09/2021 O Concello de Santiago informa:

- A auga da billa será SEMPRE potable e apta para o consumo humano, aínda que presente algúns niveis de turbidez.

- Ante as posibles chuvias que se esperan para hoxe, luns 13 de setembro, é probable que se volva interromper a captación de auga, pero NON SE PREVÉN CORTES DE SUBMINISTRACIÓN, ao estar os depósitos ao 100% da súa capacidade.

- Pregamos á cidadanía que non faga acopio de auga e que priorice o consumo humano.

- Se alguén detecta algún tipo de incidencia, pode contactar con Viaqua no teléfono gratuíto (24 horas) 900 201 250.

Compartir: