FESTAS

Publicada a convocatoria de subvencións para as festas patronais

29/06/2021 O Boletín Oficial da Provincia de hoxe publica a convocatoria de axudas para as festas patronais, co que se poderán solicitar desde mañá e ata o vindeiro 15 de xullo.

A convocatoria, que conta cun orzamento global de 44.000 euros, terá efectos desde o 1 de xaneiro de 2021, sempre e cando as solicitudes cumpran con todas as cláusulas contidas nas bases. As festas que serán obxecto de subvención deberán ter como data de celebración as comprendidas entre o 1 de xaneiro e o 13 de outubro de 2021.

As bases establecen, así mesmo, que os gastos subvencionables son os efectuados en instalación de inchables, festa da escuma, xogos populares, corais, charangas e grupos de música, grupos de baile, karts a pedais, e bandas de música. O importe máximo da subvención para cada solicitante e para cada festa será de 1.250 euros.

O período de solicitude será o comprendido entre a data de publicación da convocatoria no BOP da Coruña e o 15 de xullo de 2021. O prazo de xustificación do gasto efectuado será do 1 de setembro ao 15 de outubro de 2021. Os criterios de adxudicación da subvención serán por orde de chegada, sempre que se cumpran os requisitos da convocatoria, até o consumo do orzamento dispoñible na aplicación.

Documentos relacionados



Compartir: