ALCALDÍA

O alcalde de Santiago participa de na cuarta edición do Foro das Cidades Madrid IFEMA 2021, un dos principais espazos de debate sobre o futuro urbano das cidades

10/06/2021 Xosé Sánchez Bugallo intervirá esta tarde telematicamente na sesión titulada "Cidades próximas, cidadáns conscientes. A participación da ciudadanía como palanca de transformación", xunto a Gabriel Mraida, presidente do Instituto de Vivenda da Cidade, Ministerio de Desenvolvemento Humano e Hábitat da cidade de Bos Aires (Arxentina); Andrés Torquemada, segundo tenente de Alcalde e concelleiro de Goberno Interior, Persoal e Participación Cidadá do Concello de Segovia; e Sara Hernández, alcaldesa de Xetafe.

Esta cuarta edición do Foro das Cidades, inaugurado o pasado 8 de xuño por Pedro Saura, secretario de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, conta coa representación de 49 cidades e territorios, tanto españoles como iberoamericanos.

Ao longo destas xornadas estanse a celebrar 12 sesións temáticas baixo o marco xeral "Diseñando o mapa da nova cidade" enfocadas cara ás boas prácticas e as solucións urbanas para afrontar os retos da década 2020-2030.

A planificación urbana, a Axenda Urbana Española e a Axenda 2030, a mobilidade sostible, as redes urbanas internacionais, a naturaleza urbana, a participación cidadá, a economía circular ou a resiliencia das cidades frente ao cambio climático, son algunas das temáticas que se abordan nesta edición.

Compartir: