MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ

Ábrese o prazo para aboar a taxa anual das tarxetas de municipio

14/01/2021 A concellería de Mobilidade lembra que dende mañá, 15 de xaneiro, e ata o 15 de febrero, permanecerá aberto o prazo para aboar a taxa anual correspondente ás tarxetas de Municipio, para todas aquelas persoas que xa posúan unha destas tarxetas.

A partires desa data (15 de febrero), se non se efectuou o pago anual, a tarxeta será desactivada.

O pago da taxa efectuarase en TUSSA, na estación de autobuses, en horario de 10:00 h. a 14:00 h. e de 16:30 h. a 20:30 h.; de luns a venres. É necesario presentar o D.N.I da persoa dona do vehículo, e no seu caso, representación debidamente acreditada.

A tarxeta de municipio teñen un cueste anual de 50 euros, e pódea solicitar calquera persoa empadroada en Compostela, sempre que sexa dona do vehículo segundo o permiso de circulación, e pague o imposto de circulación no Concello de Santiago.
Están identificadas cun "L" e permite aparcar en todas as zonas verdes da cidade, é dicir, as habilitadas para residentes. No caso das zonas azuis, as zons ORA, o prezo, para os que posúan a tarxeta, verase reducido á metade.

Compartir: