MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ

Os programas de educación viaria da Policía Local volven ás aulas

12/01/2021 O departamento de Educación Viaria da Policía Local do concello de Santiago de Compostela, continúa coa programación prevista para este curso e adicará os meses de xaneiro e febrero a concienciar ao alumnado de primeiro de bacharelato e terceiro da ESO cos novos programas de educación viaria.

Para o alumnado de primeiro de bacharelato está pensada a actividade "Ti controlas, ti decides"; mentras que cos grupos de terceiro da ESO, trabállase no marco da campaña "Pola túa seguridade". Ambas buscan formar condutores e peóns conscientes da responsabilidade que conleva circular polas vías, e as graves consecuencias que poden ter os comportamentos irresponsales e inseguros.

A través de vídeos, vivencias persoais, ou testemuñas de persoas que están a sufrir as consecuencias de accidentes de tráfico; preténdese tocar "a fibra" dos máis novos para conciencialos das consecuencias, nalguns casos moi duras, que provocan as imprudencias ao volante. Unha información especialmente relevante para o alumando de bacharelato, xa que están a piques de poder ter o permiso de condución.

Trabállase en concreto, co impacto que poden ter actitudes imprudentes ao volante como o uso do teléfono móvil, ou conducir baixo a influencia de bebidas alcohólicas ou drogas. Tamén se trata o comportamento dos peóns, dos condutores de bicicleta, e de VMP (vehículos de mobilidade persoal), estes últimos con recente normativa que regula a súa circulación xa en vigor dende o día 2 de xaneiro de 2021.

O programa, que comezou o luns 11 de xaneiro, co alumando do IES de Pontepedriña, continuará no Seminario Menor, La Salle, Sar, Xelmirez I e Xelmirez II.

Compartir: