DEPORTES

Recepción a Ismael Navaza, subcampión de España de ximnasia rítimica

11/01/2021 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu a Ismael Navaza, quen con só 15 anos é subcampión "junior" de España de ximnasia rítmica. Integrante do Club Deportivo Ximnasia Rítmica Compostela, estivo acompañado pola súa adestradora e directora deportiva, María Fernández Cañabate, e pola súa nai; nunha recepción á que tamén asistiron a concelleira de Deportes, Esther Pedrosa; o voceiro do Grupo Municipal Popular, Alejandro Sánchez Brunete; e Navia Rivas, edil do BNG.

No campionato celebrado o pasado 15 de novembro na cidade de Valencia, Ismael Navaza regresou con tres medallas. Foi campión de España en corda, subcampión de España en cinta, e quedou clasificado en terceiro lugar en mazas. A próxima cita é o vindeiro xoves en Valladolid, onde se celebra o campionato nacional base de conxuntos. Ismael participará na modalidade de conxunto mixto, a primeira vez que se compite, no noso país, nesa categoría. Durante a recepción, Esther Pedrosa destacou o labor que se está a facer en ximnasia rítmica, que permitiu a Ismael Navaza "sacar uns resultados importantes para Santiago" e para o club.

Compartir: