ALCALDÍA

Publicación da listaxe de beneficiarios das axudas ao sector cultural da segunda convocatoria do plan de reactivación económica (decembro 2020)

19/02/2021 Hoxe venres, 19 de febreiro, faise pública a listaxe de persoas beneficiarias e de solicitudes denegadas relativa á convocatoria de axudas para o rescate do sector cultural, afectado pola covid-19, anualidade 2020.

Trala publicación das axudas ao comercio e á hostalería, faise pública agora a listaxe das axudas relativas ao sector cultural. As persoas e entidades beneficiarias terán un prazo de dez días, entre o 22 de febreiro e o 5 de marzo, para presentar a documentación requerida no expediente de resolución, que adxuntamos abaixo.

A terceira convocatoria de axudas está xa en marcha. As bases están a ser consensuadas coas diferentes asociación co obxectivo de poder sacalas na segunda quincena de marzo.

Direccións relacionadas



Compartir: