ALCALDÍA

O alcalde visita o Festival de Degustacións Intercultural

18/10/2020 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, visitou hoxe o Festival de Degustacións Intercultural, organizado pola Plataforma polo Emprego, que se desenvolveu ata as tres da tarde no Paseo Central da Alameda. No Festival de Degustacións Intercultural pudéronse probar de balde comidas típicas de Paraguai, Chile, República Dominicana, Ecuador, Venezuela e Colombia, nun evento acompañado de música e no que se cumpriron as máis estritas medidas de seguridade.

Está actividade enmárcase dentro do programa "Compostela Convive 2020" asignado entre o concello de Santiago e a Plataforma polo Emprego. As acción sincluidas neste programa intercultural teñen como obxectivo visibilizar e sensibilizar sobre a realidade e diversidade cultural do municipio, potenciar os lazos entre o movimento asociativo e, sobre todo, promocionar a convivencia e coñecemento doutras culturas diferentes.

Compartir: