EDUCACIÓN

Recepción aos/ás participantes no Campamento Don Bosco

03/08/2020 A concelleira de Educación, Noa Díaz, recibiu na praza do Obradoiro as mozas e mozos da cidade que participan no Campamento Urbano do Centro Don Bosco. Tamén participaron no acto os concelleiros José Antonio Constenla (PP), Branca Novoneyra (CA) e Goretti Sanmartín (BNG). Todos/as recibiron como agasallo a camiseta deste ano do campamento.

O obxectivo deste campamento, que este ano alcanza a súa 34 edición, é xogar cos espazos de Compostela, coa cidade como elemento de goce e tempo libre dende un punto de vista didáctico. O fío condutor deste ano é a historia da viaxe e establecemento de Bretenaldo Franco en Compostela.

Compartir: