ALCALDÍA

Constituída a Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros-Noia

03/08/2020 Este luns quedou constituída no Pazo de Raxoi a Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros-Noia. O alcalde de Santiago en funcións, Sindo Guinarte, e a alcaldesa de Lousame e presidenta da Asociación, Teresa Villaverde, presidiron a xuntanza.

A Asociación segue así dando pasos para lograr que esta ruta da Ría de Muros-Noia se converta en ruta de peregrinación oficial. Mañá mesmo, teñen previsto reunirse co conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez. En paralelo, os concellos integrantes continúan o traballo para avalar a historicidade da ruta e trazar o percorrido. O obxectivo é ter todo listo cara o vindeiro Xacobeo 2021.

Ademais dos alcaldes de Santiago e Lousame, participaron na xuntanza José Luis García, alcalde de Brión; Inés Monteagudo, alcaldesa de Muros; Santiago Freire, alcalde de Noia; Manuel González, alcalde de Outes; Luis Oujo, alcalde de Porto do Son; Manuel dos Santos, tenente de alcalde de Rois; e Manuel Lens, concelleiro de Medio Ambiente, Medio Rural e Turismo de Ames.

Compartir: