CENTROS SOCIOCULTURAIS

"Vive o verán" programa unha observación astronómica dende a terraza do CSC da Trisca

23/07/2020 Continúan a desenvolverse as actividades do programa Vive o verán nos centros socioculturais. Unha das próximas propostas é a observación astronómica que se celebrará o martes 28 xullo, a partir das 22:30 horas, dende a terraza do Centro Sociocultural da Trisca, coa colaboración do Club de Astronomía Vega.

Os/as participantes poderán observar a lúa, planetas visibles como Xúpiter e Saturno, algunhas estrelas dobres, cúmulos estelares e se é posible, o cometa Neowise. Tamén aprenderán nocións de orientación e para o recoñecemento de constelacións e das estrelas mais destacables, en función da visibilidade da noite. Entre os/as asistentes, sortearanse alguns calendarios astronómicos de Ceosgalegos.

A inscrición para esta actividade de astronomía urbana aínda está aberta e debe formalizarse a través do teléfono 981 542 459 (Centro Sociocultural do Castiñeiriño) e cubrindo o formulario online dispoñible na web municipal. As prazas son limitadas, cun máximo de 40 persoas, que participarán en quendas de 8-10 persoas para garantir a distancia de seguridade na terraza do centro sociocultural. O uso da máscara será obrigatorio.

Outras actividades
Mentres tanto, continúan outras actividades de Vive o verán xa iniciadas en semanas anteriores, como os Paseos de barrio, que están gozando de grande aceptación, xa que todos están coas prazas cubertas en con lista de agarda. Os/as participantes están desfrutando moito destes paseos, nos que valoran especialmente a presenza da veciñanza da zona achegando as súas historias e o seu coñecemento das zonas visitadas.

Direccións relacionadas



Compartir: