XUNTA DE GOBERNO

Aprobadas as listaxes de admitidos/as, excluídos/as e de agarda nas escolas infantís municipais

20/07/2020 A Xunta de Goberno aprobou este luns as listaxes definitivas de admitidos/as, excluídos/as e listaxe de agarda nas escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños, para o curso 2020-2021. O Departamento de Educación anunciará en breve o prazo de matricula para os/as admitidos/as.

Na sesión tamén se deu o visto bo á listaxe de agarda para o curso 2020/2021 para remitir á Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, aos efectos da tramitación do "Bono Concilia". Nesta listaxe só figuran aquelas familias que, solicitando o bono, quedaron en listaxe de agarda ao non ter unha praza nunha das tres escolas infantís.

Educacompostela
Seguindo con Educación, acordouse fixar o prazo límite de presentación de traballos á XII edición dos Premios Educacompostela 2020 para o 9 de outubro de 2020, mantendo o resto das bases da convocatoria inalteradas.

Escola Municipal de Música
Ademais, acordouse solicitar ao Consorcio da Cidade de Santiago a prórroga da cesión de uso de espazos do Centro de Altos Estudios Musicais para a Escola Municipal de Música por un período de catro anos. Neste sentido, tamén se realizarán as actuacións pertinentes para outorgar ao Concello unha concesión demanial directa e gratuíta sobre estes espazos da Finca

Direcciones relacionadas



Compartir: