ALCALDÍA

O alcalde destaca o "grande esforzo colectivo" que supoñen as eleccións deste domingo e anima os/as cidadáns/ás a ir a votar

10/07/2020 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, convidou a todos os composteláns e compostelás a votar este domingo. "Foi un grande esforzo colectivo que paga a pena, ao que temos que corresponder todos os que vaiamos votar respectando as normas", indicou o rexedor a propósito do feito mesmo de que se poidan celebrar as eleccións.

"Foron moitas as dificultades para chegar aquí e para que todos os colexios electorais estiveran en condicións", apuntou Sánchez Bugallo, que garantiu que "todo estará perfectamente preparado nas cabinas e nas mesas dos colexios electorais de Santiago". En calquera caso, recomendou "levar o voto da casa" e estimou "imprescindible que todos e todas fagamos o posible por respectar as condicións de seguridade requiridas".

O rexedor compostelán tivo un "agradecemento especial" para os/as integrantes das mesas, voluntarios/as de Protección Civil, forzas e corpos de seguridade, persoal de limpeza e todos os que forma parte deste "esforzo colectivo" para facer posible a xornada electoral e que a cidadanía de Santiago "poida votar libremente" este domingo.

Recuperación paulatina
Sánchez Bugallo aproveitou a rolda de para ofrecer os últimos datos en canto á recuperación "paulatina" do transporte público e privado. O primeiro sitiouse onte xoves no 55,2%, "a cifra máis alta dende o 14 de marzo". O tráfico de vehículos privados, dixo, "está estabilizado entre o 78% e o 82%".

Direccións relacionadas



Compartir: