FACENDA

Aberto do 5 de xullo ao 5 de outubro o prazo de pagamento do IBI

03/07/2020 A Concellaría de Facenda informa da apertura, o vindeiro 5 de xullo, do prazo de pagamento voluntario do Imposto de Bens Inmobles (IBI) de natureza rústica, urbana ou de características especiais correspondente ao exercicio 2020. O prazo estará aberto ata 5 de outubro.

Os padróns poderán consultarse dende este luns e durante un período de 15 días, en horario de 9:00 a 14:00 h, de luns a venres, na Oficina de Atención ao Contribuínte (rúa do Presidente Salvador Allende, 4 – baixo).

O pagamento pode efectuarse nas contas de recadación das entidades colaboradoras que se indican a continuación, presentando o correspondente recibo, e dentro do horario habitual de atención ó público: Abanca, Banco Pastor, BBVA, CaixaBank, Banco Sabadell Gallego e Banco Santander. Tamén poderá realizarse a través dos caixeiros das entidades colaboradoras que dispoñan deste servicio, e a través de Internet, entrando na páxina web municipal.

Transcorrido o prazo sinalado, as débedas pendentes esixiranse pola vía de constrinximento e devindicarán o recargo de apremio, os xuros de mora e as custas que se produzan.

Compartir: