CENTROS SOCIOCULTURAIS

As Letras na Casa: Magín Blanco, A Banda das Apertas

17/05/2020 As Letras na casa e o título da proposta coa que a Rede de Centros Socioculturais quere celebrar o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Ricardo Carvalho Calero. Do mércores ao domingo, ás 20:00 horas, as familias poden desfrutar de cinco accións culturais online elaboradas especificamente para estas datas, accesibles a través da canle en YouTube do Concello de Santiago. Non obstante, a entrega deste domingo, con Magín Blanco, emitiuse ao vivo a través da canle en Facebook do Concello e da propia web municipal.

Este domingo 17 de maio, tamén ás 20:00 horas, Magín Blanco e a Banda das Apertas estarán en streamig coa súa proposta para o Día das Letras Galegas. Magín Blanco é músico e cantante procedente da música pop e que leva máis dunha década achegando unha proposta musical fresca e esixente para os/as máis pequenos/as. A nena e o grilo no país das apertas, A nena e o grilo nun barquiño, Gatuxo ou Camiños son algúns dos títulos das obras que este músico foi propoñendo para un público infantil. Ademais ten participado noutros proxectos musicais como María Fumaça ou Rosalía Pequeniña. A súa proposta ten músicas que van dende o pop, rock, reggae á bossa nova e que falan de viaxes por singulares aventuras nas que a imaxinación, a ilusión e a creatividade van da man para sermos un pouco máis felices.

A acción pode verse aquí.

Compartir: