EDUCACIÓN

Aprobados os novos prazos de solicitude de ingreso nas escolas infantís e na Escola Municipal de Música

11/05/2020 A Xunta de Goberno Local aprobou o novo calendario de prazos de solicitude de ingreso nas escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Salgueiriños-Meixonfrío. Os impresos e a documentación deben presentarse entre o 13 e o 22 de maio. Tamén se deu o visto bo ao novo prazo de solicitude de ingreso na Escola Municipal de Música, que neste caso estará aberto do 18 de maio ao 5 de xuño.

As solicitudes poden descargarse nesta web municipal. Ademais, poden solicitarse por correo electrónico a calquera das tres escolas infantís, ou recollerse na Escola Infantil Municipal das Fontiñas previa solicitude de cita telefónica (de luns a venres de 10:00 a 13:00 horas). Cómpre lembrar que, xunto co impreso de solicitude, os/as representantes legais do neno/a deben achegar a documentación que se detalla no cartel de prazos adxunto.

Os impresos de solicitude e a documentación poden presentarse por rexistro, de forma telemática, seguindo as instrucións contidas na seguinte dirección: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso.do. Tamén poden entregarse no Rexistro do Concello de Santiago, pedindo previamente cita no teléfono 981 543 122, ou por correo electrónico, a través da dirección dptoeducacion@santiagodecompostela.gal, indicando no asunto "Solicitude de praza Rede E.I.M. Curso 2020-2021".

Aquelas persoas que solicitasen prazas para este curso e figuren en situación de agarda deben facer e novo a solicitude de admisión.

Para consultas e citas:

o E.I.M DE CONXO: 981528702 eimdeconxo@yahoo.com
o E.I.M DAS FONTIÑAS 981528703 eimdasfontinas@yahoo.com
o E.I.M DE MEIXONFRIO SALGUEIRIÑOS 981528707 eimdemeixonfrio@yahoo.com
o De forma presencial, en casos excepcionais, a información darase, pedindo cita previa na E.I.M das Fontiñas en horario de 10:00 a 13:00 horas.

Prazos na Escola Municipal de Música
O prazo de presentación de solicitudes de novo ingreso na Escola Municipal de Música será do 18 de maio ao 5 de xuño. Os sistemas de presentación son os mesmos que os indicados para as escolas infantís. Iso, si, no caso de optar polo correo electrónico, o asunto a indicar será "Solicitude praza EMM Curso 2020-2021".

Para evitar os desprazamentos dos usuarios e usuarias interesados/as e aos efectos de obter información precisa sobre os procesos, estes poderán conectar coa Escola Municipal de Música e co Departamento de Educación vía telefónica e correo electrónico. Ademais estará dispoñible toda a información na páxina web municipal e da Escola Municipal de Música.

No caso de haber máis solicitudes que prazas realizarase un sorteo público o 16 de xuño. As listaxes provisionais de admitidos/as na primeira convocatoria publicaranse a partir do 17 de xuño, concedéndose un período de reclamacións de 10 días naturais dende a devandita publicación provisional. A exposición pública da relación definitiva de admitidos na primeira convocatoria farase a partir do 29 de xuño.

O prazo de matrícula para os/as admitidos/as será do 29 de xuño ao 6 de xullo. Se daquela non é posible facelo presencialmente, facilitarase a presentación telemática da documentación.

Compartir: