MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ

Os Bombeiros de Santiago realizan labores de desinfección no exterior de diferentes puntos da cidade

26/03/2020 Os Bombeiros de Santiago de Compostela están realizando estes días labores de desinfección no exterior de lugares de especial tránsito de xente, tales como supermercados, centros de saúde, hospitais, albergues, estacións, etc. Na rutas periódicas marcadas vanse incluíndo novos puntos en función das necesidades.

O Servizo de Extinción de Incendios ten marcadas varias rutas a realizar cada xornada, que comezan hoxe xoves:

- Xornada 1: Supermercado Dia Market da Corredoira das Fraguas, 1-3-5; Supermercado Gadis dos Concheiros, 62; Supermercado Gadis de Fernando III O Santo; Supermercado Gadis de Doutor Teixeiro, 18; e dársena de La Salle.

- Xornada 2: Supermercado Carrefour Market de Montero Ríos; Autoservizo Familia de Galeras, 26; e Centro de Saúde de Galeras, na rúa de Entrerríos.

- Xornada 3: Instalacións dos Bombeiros e Multiúsos Fontes do Sar, na rúa de Diego Bernal, s/n.

- Xornada 4: Centro de Saúde das Fontiñas, na rúa de Londres, 2-4; Cruz Vermella Santiago, na avenida de Lugo, 42; Centro de Saúde Concepción Arenal, na rúa de Santiago León de Caracas; Hospital HM Rosaleda, na rúa de Santiago León de Caracas; e Hospital HM La Esperanza, na avenida das Burgas, 2.

- Xornada 5: Protección Civil, na avenida de Fernando Casas Novoa, e Mercado de Abastos, na rúa das Ameas s/n.

- Xornada 6: Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche, en Frei Rosendo Salvado, e Casa das Asociacións de Cornes, na rúa de Manuel Beiras, 3.

- Xornada 7: Policía Local, na rúa da Trindade, e dársena de autobuses de La Salle.

Compartir: