ALCALDÍA

Aberto o Foro Empresarial 2020 de AJE Galicia

12/03/2020 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participou este xoves no acto de apertura do Foro Empresarial 2020 de AJE Galicia, que se celebra no edificio CINC da Cidade da Cultura.

O obxectivo deste Foro é servir como escenario de mesas de debate sobre financiación, Industria 4.0 e punto de encontro para facer contactos con outros/as emprendedores/as. É un evento dirixido a emprendedores/as, directivos/as, profesionais, institucións e universitarios/as con inquietudes por desenvolver o seu propio negocio.

Compartir: