PLENO

Sorteada a composición das mesas electoras para as eleccións ao Parlamento de Galicia do 5 de abril

07/03/2020 Esta mañá celebrouse un pleno extraordinario no que se realizou o sorteo para designación de integrantes das mesas electorais con motivo das eleccións ao Parlamento de Galicia, que se celebrarán o domingo 5 de abril.

Á mesa electoral correspóndelle presidir o acto da votación, controlar o desenvolvemento da votación e realizar o reconto e o escrutinio. Está integrada por un/unha presidente/a e dous vogais.

O nomeamento dos integrantes da mesa electoral é competencia de cada concello, baixo a supervisión das xuntas electorais de zona e elíxense mediante sorteo público utilizando calquera procedemento aleatorio ou mecanismo ao azar, polo Pleno municipal.

Compartir: