POLÍTICAS SOCIAIS

Inaugurada a mostra "Eu, muller. Ti, cómplice. Elas, loitadoras", de Fademga

06/03/2020 A concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, asistiu no Centro Abanca Obra Social á inauguración da exposición Eu, muller. Ti, cómplice. Elas, loitadoras, organizada por Fademga Plena Inclusión Galicia, que pode verse hoxe venres e mañá sábado. No marco da inauguración desta exposición, leuse un manifesto con motivo do Día da Muller, seguido dunha mesa de experiencias.

As imaxes desta exposición pretenden amosar o paralelismo que existe entre as mulleres con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento na súa conquista de dereitos individuais con algunhas das grandes mulleres que conseguiron importantes fitos na historia, como Frida Kahlo, Eva Perón, Marie Curie, ou Rigoberta Menchú. Este proxecto, nado en Estremadura, chega agora a Galicia como exposición itinerante. Na iniciativa participaron 15 mulleres con discapacidade intelectual

A mostra exhíbese no Centro Abanca Obra Social (praza de Cervantes), nun horario de 16:00 a 21:30 horas hoxe venres e de 10:00 a 20:00 horas mañá sábado.

Compartir: