MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ

Apertura do prazo para o pagamento da taxa anual das tarxetas de residente por razón de municipio

10/01/2020 A Concellaría de Mobilidade e Seguridade Cidadá informa da apertura do prazo, entre o 15 de xaneiro e o 15 de febreiro, para o abono da taxa anual correspondente ao ano 2020 das tarxetas de residente por razón de municipio.

O prezo é de 50 euros e o abono efectuarase en TUSSA, na Estación de Autobuses, en horario de luns a venres de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:30 horas, e o sábado de 10:00 a 14:00 horas. Será necesaria a presentación do DNI do propietario do vehículo.

A partir da data límite, todas aquelas tarxetas que non tiveran pagado a correspondente taxa serán anuladas.

Compartir: