EDUCACIÓN

Publicadas as relacións de admitidos/as e excluídos/as no Programa de Conciliación de Nadal

19/12/2019 A Concellaría de Educación vén de publicar a relación de admitidos/as e excluídos/as no Programa Municipal de Conciliación de Nadal, que se desenvolverá os días 23, 24, 26, 27, 30 e 31 de decembro de 2019 e o 2, 3 e 7 de xaneiro de 2020 no CEIP Monte dos Postes e no CEIP Ramón Cabanillas. As relacións poden consultarse nos documentos adxuntos.

O Programa de Conciliación está dirixido á nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos que cursen estudos de Infantil ou Primaria en centros educativos de Compostela. O seu obxectivo é favorecer a conciliación da vida familiar e laboral, ofrecendo aos rapaces e rapazas unha alternativa de lecer e tempo libre, desenvolvendo valores de cooperación, respecto e tolerancia.

O horario do campamento de Nadal será de 9:00 a 14:00 horas. Tamén se ofrece a posibilidade de que as familias poidan solicitar a maiores un servizo de madrugadores con almorzo (de 7:45 a 9:00 horas) e un servizo de comedor (de 14:00 a 16:00 horas).

Direccións relacionadas



Compartir: