EDUCACIÓN

A Escola Municipal de Música celebra este venres o seu Festival de Nadal

18/12/2019 Este venres 20 de decembro, ás 19:00 horas, o Teatro Principal acollerá o Festival de Nadal 2019 da Escola Municipal de Música. No concerto, as agrupacións e colectivos da EMM darán a coñecer o traballo desenvolvido ao longo destes meses.

Participarán neste festival a Orquestra, composta por 37 músicos/as; a Orquestriña, con 17 compoñentes; a Bandiña, con 37 integrantes; a Banda, con 45 músicos/as; o Coro de Infantil e Xuvenil, con 58 nenos/as; o Coro de Adultos, con máis de 55 compoñentes; a Agrupación de Música Tradicional, con 30 compoñentes; e o Combo de Música Moderna, con 20 alumnos/as, todos/as eles/as acompañados/as do profesorado da EMM e das familias que desexen asistir.

Na actualidade, a Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela conta cunha matrícula de 442 alumnos e alumnas a partir dos 3 anos; 18 profesores e profesoras que imparten 18 especialidades instrumentais, entre as que destacan: 31 alumnos/as de violín, 34 alumnos/as de piano, 21 alumnos/as de clarinete, 19 alumnos/as de percusión ou 13 de saxofón, por citar algúns dos instrumentos de maior demanda.

Documentos relacionados



Compartir: