TURISMO

"Manitas crocantes" (Casa dos Xacobes) e "Criollo marino" (O Ferro), gañadoras do XII Santiago(é)Tapas

17/12/2019 O salón de actos do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) acolleu a gala de entrega de premios do XII Santiago(é)Tapas e do I Santiago(é)Cóctel. O acto foi conducido polo actor Federico Pérez, perante dunha nutrida representación da hostalaría compostelá. Tamén asistiron o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo; o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte; e outros membros da Corporación municipal, así como a presidenta da Asociación Hostalaría Compostela, Sara Santos, e outros membros da súa directiva.

En total, durante os 15 días que duraron os concursos repartíronse máis de 30.000 tapas e 2.000 cócteles. En canto a votos do público, contabilizáronse 20.000 válidos.

As propostas gañadoras foron:

- Premio ao cóctel clásico Santiago(é)Cóctel 2019, dotado cunha cocteleira, un diploma e 500 euros, para "Expreso Martini", de A Carrilana.

- Premio ao cóctel creativo Santiago(é)Cóctel 2019, dotado cunha cocteleira, un diploma e 500 euros, para "A kind of magic", de Pub Atlántico.

- Premio Maridaxe Mahou Santiago(é)Tapas 2019, dotado cun diploma, unha figura, 500 euros en produto e un showcooking nun evento Mahou, para "Empanada líquida de bonito de Burela", de Lume.

- Premio Tapa do Público na categoría tradicional Santiago(é)Tapas 2019, dotado cun diploma, unha figura e 700 euros, para "Manitas crocantes", de Casa dos Xacobes.

- Premio Tapa do Público na categoría creativa Santiago(é)Tapas 2019, dotado cun diploma, unha figura e 700 euros, para "Lacón con grelos", de Artesana.

- Segundo Premio á Tapa Creativa Santiago(é)Tapas 2019, dotado cun diploma, unha figura e 500 euros, para "Coci-Dillo", de Xuntanza.

- Segundo Premio á Tapa Tradicional Santiago(é)Tapas 2019, dotado cun diploma, unha figura e 500 euros, para "Mexillón viaxeiro", de A Viaxe.

- Primeiro Premio á Tapa Creativa Santiago(é)Tapas 2019, dotado cun diploma, unha figura e 1.000 euros, para "Criollo marino", de O Ferro.

- Primeiro Premio á Tapa Tradicional Santiago(é)Tapas 2019, dotado cun diploma, unha figura e 1.000 euros, para "Manitas crocantes", de Casa dos Xacobes.

A tapa da Casa dos Xacobes, "Manitas crocantes", representará a Santiago no concurso De tapas por Galicia, organizado por Turismo de Santiago, xa que foi a que maior puntuación obtivo unha vez ponderados os votos do público e do xurado profesional.

Ademais destes galardóns, os chefs dos dez locais que participaron na final do concurso celebrada do 6 ao 8 de decembro, recibiron como agasallo un mandil oficial do XII Santiago(é)Tapas. Estes foron: A Maceta, A Viaxe, ACDC, Artesana, Bar Suso, Casa dos Xacobes, La Bodeguilla de Santa Marta, Lume, O Ferro e Xuntanza.

O XII Santiago(é)Tapas, o concurso de tapas de Santiago no que participaron 109 petiscos, é un evento promovido por Turismo de Santiago, organizado pola Asociación Hostalería Compostela, co apoio da Deputación da Coruña e o patrocinio de Mahou. Tamén colaboraron Cash Record, Coca Cola, Finca Viñoa e Aceites Abril, o aceite oficial do concurso; así como o festival de Cineuropa, a Asociación de Celíacos de Galicia, o movemento Slow Food e Utimaq.

O I Santiago(é)Cóctel é un concurso organizado pola Asociación Hostalería Compostela, que nesta primeira edición contou con 25 cócteles participantes.

Direccións relacionadas



Compartir: