ALCALDÍA

Sánchez Bugallo recibiu a promotores da Peregrinación Europea de Xuventude

17/12/2019 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Relacións Institucionais, Sindo Guinarte, reuníronse cos responsables da organización da Peregrinación Europea da Xuventude. Participaron Raúl Tinajero, encargado da Pastoral da Xuventude na Conferencia Episcopal Española, e Javier García, delegado diocesano da Xuventude.

Os responsables da Peregrinación Europea da Xuventude explicáronlle ao alcalde os preparativos das accións que teñen previsto realizar en 2021.

Compartir: