ALCALDÍA

Xuntanza do alcalde coa directiva do Colexio Oficial de Aparelladores, Arquitectos Técnicos e Enxeñeiros de Edificación da Coruña

11/12/2019 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse este mércores cunha delegación da xunta de goberno do Colexio Oficial de Aparelladores, Arquitectos Técnicos e Enxeñeiros de Edificación da Coruña, encabezada polo seu presidente, Roberto Medín. Xunto a el estiveron a secretaria do Colexio, Rosario Salgado, e a vogal responsable da delegación de Santiago, Rosana Rivas. Entre as cuestións expostas ao rexedor figurou a creación dun Foro de Edificación e Sostibilidade nas tres cidades da provincia, Santiago, A Coruña e Ferrol, do que enviarán unha proposta ao Concello.

Entre as cuestións expostas ao rexedor figurou a creación dun Foro de Edificación e Sostibilidade nas tres cidades da provincia, Santiago, A Coruña e Ferrol, do que enviarán unha proposta ao Concello.

O COAATIEAC encárgase, entre outros asuntos, do visado dos encargos profesionais e das documentacións técnicas, da xestión de honorarios, do asesoramento e apoio en aspectos xurídicos e fiscais, da formación de posgrao e tamén de manter convenios e acordos de colaboración con outras entidades públicas e privadas. Agrupa a máis de 1.200 profesionais que exercen a profesión na provincia da Coruña.

Compartir: