ALCALDÍA

A Unión Hotelera Compostela expresa a súa vontade de colaboración co Concello para mellorar o sector turístico

09/12/2019 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse hoxe coa directiva da Unión Hotelera Compostela, encabezada por Esteban Iglesias, presidente e portavoz da entidade. No encontro, expuxéronlle ao rexedor a vontade de colaboración co Concello para mellorar a situación no que se atopa o sector turístico.

Na xuntanza, na que tamén estivo presente o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, a Unión Hotelera Compostela manifestou a súa preocupación pola falta de control respecto dos pisos turísticos. Entenden que é necesaria a desestacionalización, así como unha aposta estratéxica polo turismo de calidade, sobre todo polo turismo cultural, gastronómico, e polo de congresos, que sinalan, é o que máis valor engadido aporta ao sector.

A Unión Hotelera Compostela agrupa a máis dunha ducia de grandes hoteis, que representan, en conxunto, aproximadamente o 40% das camas que hai en Santiago.

Compartir: