DEPORTES

USC, Xunta, Deputación e Concello traballan na renovación das pistas de atletismo universitarias

05/12/2019 A USC está a traballar conxuntamente coa Deputación da Coruña, Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Santiago na renovación das pistas de Atletismo universitarias. O obxectivo desta iniciativa é recuperar a homologación destas instalacións deportivas por parte do Comité de Xuíces da Federación Española de Atletismo, de modo que as pistas podan acoller probas oficiais cos correspondentes recoñecementos das marcas.

A reforma consistirá en fresar a superficie da pista e proxectar unha nova superficie sintética coa posibilidade de incorporar as últimas tecnoloxías en rexistro de tempos e marcas. Asemade, mellorase a drenaxe do céspede, así como o seu rego. Tamén se acometerá a reforma da gaiola do martelo. A intención da institucións implicadas é que as obras podan executarse na maior brevidade posible.

Compartir: