FESTAS
Mercado de Nadal
Esta tarde-noite do xoves tamén se inaugurará o Mercado de Nadal de Carreira do Conde, polo que irán rotando diferentes propostas ao longo das semanas. Este ano incrementouse a oferta de lecer e gastronómica, e haberá actividades case a diario.
O Mercado de Nadal permanecerá aberto ata o 5 de xaneiro en horario de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:30 horas. O Mercado estará pechado os días 24 e 25 de decembro e 1 de xaneiro; e só abrirá pola mañá o día 31 de decembro.
Durante as cinco quendas, composteláns/ás e visitantes terán a posibilidade de coñecer as creacións de 56 expositores de decoración propia da época, alimentación gourmet e artesanía (xoias, madeira, cerámica, vidro, coiro, xoguetes, téxtil, regalo orixinal, deseño...). A oferta compleméntase cunha selección de food trucks de comida galega e internacional.
O Mercado de Nadal leva aparellada unha completa programación, ao inicio nas fins de semana e despois practicamente a diario. As actividades estarán dirixidas á infancia, ás familias e ao público en xeral. Haberá obradoiros de manualidades, xogos e contacontos nun espazo especialmente disposto ao efecto.
Durante os días de maior afluencia realizarase a actividade NadalCiclo, na que unha bicicleta decorada e conducida por actores caracterizados para o momento transportará a nenos e nenas pola Carreira do Conde coñecendo o Mercado. Ademais, a rúa acollerá actuacións musicais do grupo UCT Ultreia e dos coros Centro Xove, Brincadeira, Hermano Gómez, Ponte Mantible, Santa Susana, Coto da Nai, Agarimos, Colexiata de Sar, LaSalle, A Xuntanza, Xúbilo e Amigos de Compostela.
A programación completa poderá consultarse na web www.mercadonadal.com.
Belén de San Fiz
Tamén mañá xoves, a partir das 12:00 horas, abrirase o Belén tradicional da igrexa de San Fiz. Máis de 200 figuras de barro e lenzo pintado, todas feitas a man, compoñen este nacemento, que inclúe diferentes escenas, pezas en movemento, iluminación e son.
No acto de apertura do Belén de San Fiz participarán o concelleiro de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo, Sindo Guinarte; o edil de Festas, Gonzalo Muíños; e a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, ademais do propio creador do nacemento, José A. Uzal.
Mañá arrinca o Nadal en Compostela co acendido do alumeado e a apertura do Mercado de Nadal e do Belén de San Fiz
04/12/2019 Mañá xoves, ás 19:00 horas, acenderase o alumeado de Nadal nun acto que terá lugar na praza do Obradoiro, coa asistencia do alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e doutros/as integrantes da Corporación. A continuación, estes/as visitarán o Mercado de Nadal de Carreira do Conde, aberto tamén dende mañá (12:00 horas).
O Concello destina este ano ao alumeado de Nadal case 216.000 euros, un orzamento que se repartiu a partes iguais entre o Casco Histórico e o Ensanche. Entre as novidades deste ano destaca a árbore cónica e o Belén da praza do Obradoiro, ambos os dous con leds, ou os os mantos de leds que iluminarán rúas coma as do Franco, Caldeirería ou Preguntoiro.Mercado de Nadal