FESTAS

Divernadal, proposta de lecer familiar para os días 6, 7 e 8 de decembro

03/12/2019 O concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, presentou Divernadal, un espazo de lecer organizado polo Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia que estará abertos os días 6, 7 e 8 de decembro. Xunto a el estivo Francisco González, responsable da empresa RGM Eventos, coordinadora da actividade.

Divernadal é un parque de lecer no que os nenos e nenas poderán pasar as tardes desfrutando de xogos, inchables e obradoiros diversos. Estará aberto durante as tardes, en horario de 16:00 a 20:30 horas. A entrada para nenos e nenas de 2 a 12 anos terá un custo de 5 euros, e as persoas adultas que os acompañen terán que pagar 3 euros.

No recinto do Palacio de Congresos haberá inchables e áreas de xogos tradicionais, para bebés e de mesa. Tamén se habilitarán espazos para obradoiros de cociña e de artes plásticas e escénicas. Ademais, os nenos e nenas poderán pintar un mural e, para rematar cada xornada, realizaranse sorteos e espectáculos de teatro (venres), monicreques (sábado) e maxia (domingo).

Compartir: