TURISMO

Turismo de Santiago reúnese coas axencias de viaxes e turoperadores máis importantes de Xapón

24/10/2019 Turismo de Santiago participa na Tourism Expo Japan 2019, a mostra de turismo máis importante de Xapón, que se celebra en Osaka do 24 ao 27 de setembro. O obxectivo de Turismo de Santiago é reforzar o posicionamento da cidade no mercado xaponés e captar a un turismo de calidade de alto nivel adquisitivo e elevado gasto medio por persoa.

Durante estes días, Turismo de Santiago ten previstas reunións coas principais axencias de viaxes e turoperadores nipóns, entre as que se poden destacar JTB, Kinki Nippon ou Nippon Travel. Ademais, aproveitará a feira para continuar traballando na relación fluida que manten a cidade con Tanabe, destino do Camiño de Kumano.
Turismo de Santiago conta con dous mostradores no evento. O primeiro ubícase no stand de Turespaña, no pavillón de Europa. O segundo ubícase no pavillón xaponés, no stand da prefectura de Wakayama, grazas a colaboración conxunta entre a Santiago e Tanabe. Deste xeito Santiago pode chegar tanto ás persoas interesadas en viaxar a España como as que buscan a espiritualidade do Camiño de Kumano.

A importancia do mercado xaponés para Santiago crece ano tras ano, tal como amosa a evolución do número de peregrinos nipóns. No ano 2018 alcanzouse o máximo histórico, con 1.477. Trátase dunha cifra que preto que duplica a que se conseguira no Ano Santo 2010, cando houbo 796 peregrinos do país oriental.

Santiago reúne unha serie de atractivos, como a espiritualidade, a calidade dos peixes e mariscos da gastronomía galega ou o contacto coa natureza no Camiño de Santiago, que convirten a cidade nun destino turístico con moito atractivo para o mercado xaponés. Así, segundo datos de Turespaña do ano 2018, Santiago é o séptimo destino español máis citado nos folletos turísticos das axencias xaponesas.

Santiago ten ademais fortes vínculos co Camiño de Kumano e a cidade de Tanabe, coa que se leva anos colaborando na promoción conxunta de ambos camiños de peregrinaxe que, pese a distancia e as diferencias culturais, teñen entre sí importante puntos de unión, como a búsqueda dun mesmo en contacto coa natureza. grazas a esta colaboración, Santiago conta cun espazo promocional permanente no Centro de Interpretación do Camiño de Kumano en Tanabe.

Compartir: