ALCALDÍA E SEGURIDADE CIDADÁ

Sánchez Bugallo agradece á Policía Nacional o seu "magnífico labor" para garantir que Santiago "sexa territorio seguro"

02/10/2019 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asistiu no Auditorio de Galicia ao acto institucional de imposición de condecoracións con motivo do Día do Corpo Nacional de Policía, que este 2 de outubro celebra o seu patrón, os Santos Anxos Custodios.

O rexedor agradeceu á Policía Nacional o seu "magnífico labor" para garantir que Santiago "sexa territorio seguro". "Non hai liberdade real sen seguridade", apuntou Sánchez Bugallo a propósito do traballo dun Corpo "comprometido coa sociedade e querido pola cidadanía".

O alcalde aproveitou a súa intervención para expresar a súa preocupación polo "incremento da violencia de xénero". A propósito desta cuestión, anunciou a intención de que a Policía Local de Santiago conte cunha unidade específica para atender estas cuestións.

Finalmente, Sánchez Bugallo referiuse ao "reto" que supón o ano 2021, que demandará das administracións un "esforzo extraordinario". "Non hai mellor campaña de publicidade para unha cidade que 10 millóns de persoas que falen ben dela", dixo, co obxectivo posto en ofrecer unha cidade cómoda e segura aos/as visitantes.

Compartir: