ALCALDÍA

Xuntanza do alcalde con Ourives de Compostela

23/09/2019 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Educación, Noa Díaz, reuníronse este luns co presidente de Ourives de Compostela, Arturo Ouro Hortas, e con Camilo Regueira e Lisardo Núñez, membros da directiva. No encontro falaron sobre o plan estratéxico do sector.

Santiago chegou a ser unha referencia a nivel mundial en orfebraría. Na Idade Media chegaron a contabilizarse ata 130 obradoiros de prateiros e acibecheiros arredor da Catedral. Por en valor este oficio e recuperar a súa importancia histórica é un dos obxectivos do Plan Estratéxico deseñado por Ourives de Compostela, que presentaron no mes de xullo no Paraninfo da USC.

Compartir: