ALCALDÍA

Recepción municipal á Asociación PuntoGal

12/09/2019 O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado da concelleira de Modernización da Administración Local, Marta Abal, recibiu á directiva da Asociación PuntoGal e aos participantes na reunión do Geotld Group, que representa a varios dominios xeo-lingüísticos, e que se celebra ata mañá en Santiago de Compostela. Tamén asistiron ao acto os voceiros do PP, Alejandro Sánchez-Brunete; de Compostela Aberta, Martiño Noriega; e do BNG, Goretti Sanmartín.

O rexedor deulles a benvida e destacou a importancia de dominios como .gal. Sánchez Bugallo sinalou que, nun mundo globalizado, cada vez adquiren máis importancia as características particulares de cada territorio. "Os elementos singulares cobran valor, os pequenos podemos ser grandes", sinalou.

Pola asociación PuntoGal asistiron o seu vicepresidente, Camilo Regueira, e o seu director xeral, Darío Janeiro, entre outros representantes. Esta entidade foi a responsable de preparar, promover e presentar a candidatura para a consecución do dominio .gal, que ten como obxectivo darlle unha maior visibilidade e presencia á sociedade galega no marco de internet.

Compartir: