ALCALDÍA

Sánchez Bugallo recibiu a directiva de COGAMI

09/09/2019 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse este mediodía con membros da directiva de COGAMI, entre os que se atopaba o seu presidente, Anxo Queiruga.

No encontro, no que tamén estivo presente a concelleira de Políticas Sociais e Saúde, Mila Castro, falaron da entidade, que ten por obxectivo acadar a plena inclusión das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, e das súas perspectivas de futuro.

Visita ao CEGADI
Esta mañá, a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, participou na visita que a conselleira de Política Social, Fabiola García, realizou ao proxecto innovador de autonomía persoal que COGAMI desenvolve no CEGADI, en Santiago de Compostela.

Este proxecto está centrado na investigación de novas metodoloxías, terapias e intervencións, co obxectivo de mellorar a autonomía e posibilitar a inclusión das persoas en situación de dependencia que precisen de apoios para unha recuperación funcional.

Compartir: