ALCALDÍA

Recoñecemento municipal a Esther Seoane, directora da Cociña Económica, no seu acto de despedida

09/09/2019 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Políticas Sociais e Saúde, Mila Castro, asistiron esta tarde ao acto de despedida de Esther Seoane, directora da Cociña Económica. O rexedor entregoulle un libro cunha dedicatoria, na que lle agradece os dez anos de traballo á fronte da institución.

Esther Seoane é a impulsora das reformas que se levaron a cabo nos últimos anos na Cociña Económica. Separouse a zona de fogóns do comedor e ampliouse o espazo para dar cabida a 60 prazas máis. A partir de agora, esta irmá das Fillas da Caridade comeza unha nova etapa, noutro comedor social que tamén conta cun centro de día para mulleres vítimas de violencia machista.

Compartir: