DEPORTES

Arrinca a VIII edición do Circuíto de Carreiras Saudables "CorreSan" coa proba nocturna polas rúas do casco histórico

02/09/2019 A concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, presentou a oitava edición do Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan. O programa consta novamente de catro probas, comezando pola nocturna que se celebrará o sábado 21 de setembro polas rúas do casco histórico. A inscrición para o circuíto e para esta primeira proba xa está aberta.

Esther Pedrosa destacou o compoñente saudable deste circuíto de probas, aberto á participación de calquera deportista habitual ou eventual que desexe acceder á práctica libre do exercicio físico nos diferentes contornos da cidade. Novamente haberá distancias adaptadas para todas as idades, polo que fixo un chamamento á participación da veciñanza de Compostela.

Tamén coincidiu neste chamamento o delegado en Santiago da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín, quen foi o encargado de detallar o calendario de carreiras desta edición. O CorreSan arrincará o sábado 21 de setembro coa tradicional proba nocturna polas rúas do casco histórico, cunha distancia de 5,5 quilómetros para as categorías adultas.

O calendario seguirá o 12 de setembro coa Ruta da Prata-Angrois (5,2 km), e o 3 de novembro coa Ruta dos Parques (5,7 km). Esta VIII edición do CorreSan pecharase o 7 de decembro cunha proba que repite tras o éxito do ano anterior, a do barrio de San Pedro, de 5 quilómetros para os adultos.

Aínda quedaría por celebrarse unha proba que, se ben non está incluída no Circuíto, si serve de colofón á temporada atlética, a San Silvestre. Ademais, tal como anunciou o secretario da Federación Galega de Atletismo, Carlos Castro, aqueles/as que se inscriban no Circuíto terán a participación de balde nesta proba de peche do ano.

A inscrición no Circuíto de Carreiras Saudables xa está aberta a través das webs do CorreSan e de Carreiras Galegas.

A rolda de prensa tamén serviu para anunciar que un día antes do comezo do Circuíto, o 20 de setembro, celebrarase a gala de entrega de premios do CorreSan 2018.

Documentos relacionados

Direcciones relacionadas



Compartir: