ACCIÓN CULTURAL

Ofrenda floral a Rosalía en San Domingos de Bonaval

25/07/2019 A concelleira e primeira tenente de alcalde, Mercedes Rosón asistiu á ofrenda floral realizada a Rosalía de Castro no Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval.

Esta homenaxe a Rosalía no Día de Galicia é unha tradición que, con diversas interrupcións, se vén realizando dende 1932. Despois dunha cerimonia relixiosa, os participantes na homenaxe depositaron ante a tumba da escritora coroas e ramos de flores portados por integrantes da Asociación do Traxe Galego. O acto rematou coa interpretación do Himno Galego.

Compartir: