FESTAS

O funk de The Main Squeeze e os boleros de Jamila Purofilin e Rey Montesinos, propostas para este luns no Apóstolo

21/07/2019 A cuarta xornada das festas do Apóstolo, este luns 22 de xullo, trae dúas propostas musicais ben diferenciadas: o funk da banda norteamericana The Main Squeeze e os boleros de Jamila Purofilin, acompañada á guitarra polo mestre Rey Montesinos.

The Main Squeeze tocarán ás 22:00 horas na praza da Quintana. A banda de Indiana (USA) visita Europa por primeira vez tras triunfar no seu país natal coa súa mestura de funk con soul e rock’n roll. Without a sound é o título do seu último traballo, que ilustra a súa madurez musical e creatividade inspiradas no seu novo fogar en Los Ángeles.

A súa música é un equilibrio de ritmo, emoción, voces e instrumentación, nun ambiente á vez atemporal e futurista, posto que están inspirados polos grandes, pero encontraron unha maneira de infundir o seu propio xenio na mestura.

Alma bohemia
Pola súa parte, Jamila Purofilin e Rey Montesinos tocarán na praza do Toural a partir das 23:00 horas. A cantante e o guitarrista cubanos xuntáronse para realizar unha xira que denominan Alma bohemia, na que interpretan pezas ben coñecidas do repertorio musical cubano. Queren celebrar así os 500 anos da cidade de La Habana.

Foi precisamente na capital cubana onde Jamila, residente en Santiago e xa habitual no panorama musical de Compostela, coñeceu a Rey Montesinos, arreglista de Buenavista Social Club durante 13 anos e ex director da orquestra do Club Tropicana, e que leva colleitado premios e recoñecementos durante toda a súa carreira.

Compartir: