FESTAS

Últimas horas para participar no sorteo de convites para presenciar os Fogos do Apóstolo dende a zona de convidados/as

17/07/2019 O Concello de Santiago sortea este ano 15 convites dobres (agraciado/a e acompañante) para presenciar o espectáculo luminoso e pirotécnico da noite do 24 de xullo dende a zona habilitada para os e as convidadas.

Aquelas persoas interesadas en presenciar os Fogos do Apóstolo no espazo reservado para convidados/as a carón do Hostal dos Reis Católicos, deben cubrir os datos do formulario habilitado e remitilo antes das 14:00 horas deste xoves, 18 de xullo. Deberán indicar nome completo, DNI, teléfono de contacto, localidade de residencia e dirección de correo electrónico.

Entre as solicitudes recibidas, o venres 19 de xullo, ás 9:00 horas, realizarase no salón de plenos do Concello un sorteo do que resultarán os/as 15 agraciados/as co convite.

O Concello contactará a través do correo electrónico con cada unha das persoas elixidas para comunicarlle o outorgamento do convite. Co obxectivo de que todo funcione correctamente habilitaranse dous días (luns 22 e martes 23) para que as persoas gañadoras se acheguen ao Concello, en horario de 9:00 a 14:00 horas, para recoller as invitacións. Nese momento serán informados/as das instrucións de acceso ao lugar habilitado.

Direcciones relacionadas



Compartir: