PLENO

O Pleno dá o visto bo a suplementos de crédito por 7,5 millóns de euros para pagos pendentes e amortización de débeda

15/07/2019 O Pleno do Concello de Santiago de Compostela aprobou en sesión extraordinaria dúas propostas de suplemento de crédito e crédito extraordinario presentadas pola concelleira delegada de Economía e Facenda, Marta Abal. Dunha banda, deuse o visto bo a un suplemento de crédito de 1.524.572,77 euros e a un crédito extraordinario de 287.541,51 euros para pagos pendentes e, da outra, a un suplemento de 5.708.776,90 euros destinado a pago de débeda bancaria.

O primeiro punto, de suplemento de crédito e crédito extraordinario para pagos e obrigas pendentes, recibiu o voto favorable de PSdeG-PSOE, Compostela Aberta e BNG, mentres que o PP abstívose. O segundo punto, de suplemento de crédito para amortización de débeda, foi votado a favor por PSdeG-PSOE e Compostela Aberta, contando coa abstención de PP e BNG.

Compartir: