MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
O Son do Camiño
Gonzalo Muíños aproveitou tamén a rolda de prensa para dar os datos do dispositivo especial de transporte posto en marcha con motivo do festival O Son do Camiño, celebrado os pasados 13, 15 e 15 de xuño. O concelleiro agradeceu "a todo o equipo que fixo posible que este dispositivo fose un éxito, ao persoal de condución e inspección da operadora de transporte urbano e ao persoal de Tussa e da Policía Local".
Nos tres días de festival, o servizo de transporte urbano tivo 50.695 usuarios/as. A maioría, 45.545, utilizaron o servizo de lanzadeira disposto para a ocasión. O resto, repartíronse entre as liñas 6 e 7 do transporte urbano.
Atendendo ás franxas horarias, as de maior utilización foron as comprendidas entre as 15:00 e as 23:00 horas, con 25.239 usuarios/as, e a que ía da media noite ata a finalización do servizo, con 24.850 viaxeiros/as.
Pintado do estacionamento de Santa Marta
Finalmente, o concelleiro anunciou que ao longo deste sábado, 22 de xuño, procederase ao pintado da área de estacionamento de Santa Marta, polo que pregou á cidadanía que non utilice este aparcadoiro durante esta xornada. Apuntou que veñen utilizando esta área de estacionamento unha media de 239 vehículos diarios (laborables) durante o que vai de ano. A este respecto, indicou que "se utiliza sobre todo en horario de mañá de luns a venres, pero tamén se observa que cada día son máis os vehículos que permanecen pola tarde no estacionamento, aínda que sen chegar ao grao de ocupación da mañá".
Entran en vigor os horarios de verán do servizo de transporte urbano
21/06/2019 Este luns 24 de xuño entrarán en vigor os horarios de verán do servizo de transporte urbano, tal e como comunicou este venres o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, nunha rolda de prensa na que estivo acompañado do xerente de TUSSA, José Ramón Mosquera.
Os horarios manteñen a estrutura do pasado verán. Unicamente se reforzou algunha liña, como a 8, co fin de cumprir coas frecuencias establecidas, dado o incremento do paso de vehículos orixinado polas obras nas rúas de Castrón Douro e do Patio de Madres.O Son do Camiño