PLENO

Celebrado o último Pleno da lexislatura 2015-2019

12/06/2019 Este mércores celebrouse o último Pleno da Corporación da lexislatura 2015-2019. Foi unha sesión extraordinaria na que o único punto da orde do día foi a lectura de actas das sesións plenarias do 10 e 27 de abril. O Pleno serviu tamén de despedida para aqueles concelleiros e concelleiras que non repetirán na nova Corporación.

O vindeiro sábado 15 de xuño, ás 11:00 horas, celebrarase o pleno extraordinario de constitución da nova Corporación, na que os concelleiros e concelleiras xurarán ou prometerán os seus cargos e elixirán o novo alcalde, que tomará posesión.

Compartir: