EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Aberto o prazo de pago para o Programa Municipal de Conciliación de Verán

11/06/2019 Unha vez aprobados pola Xunta de Goberno os prezos públicos do Programa Municipal de Conciliación Escolas de Verán 2019, a Concellaría de Educación e Cidadanía lembra ás familias que xa está aberto o prazo de pagamento.

Todas as familias que presentaron solicitude e cumpren os requisitos establecidos nas bases do programa están admitidas, sempre e cando formalicen o pago correspondente. Tendo en conta que non se cubriron todas as prazas dispoñibles, admitiranse novas solicitudes ata cubrir as prazas vacantes.

As familias admitidas deberán facer o ingreso na conta habilitada polo Concello para dito programa en Abanca, co número ES89 2080 0388 2031 1000 2662, de acordo coas modalidades solicitadas no momento da matrícula e indicando nome do neno/a participante e modalidades escollidas. Unha vez realizado o pago, debe enviarse o xustificante por correo electrónico a reservaseducacion@santiagodecompostela.gal antes das 14:00 horas do luns 17 de xuño.

Toda a información sobre prezos e procedemento poden consultarse no documento adxunto.

Direcciones relacionadas



Compartir: