ALCALDÍA

Novo debate en torno á exposición "A cidade, o Camiño e nós"

03/06/2019 Con motivo da exposición A cidade, o Camiño e nós, organizada polo Concello de Santiago e a Rede Galabra (Universidade de Santiago) e aberta no paseo da Ferradura da Alameda, vaise celebrar unha mesa redonda esta martes 4 de xuño, ás 19:30 horas, no IES Rosalía de Castro. Os/as participantes debaterán sobre os diversos perfís da cidade, a influencia dos mesmos nas persoas e na actividade de Compostela e a súa relación con visitantes e turistas.

Nesta mesa redonda participarán Jorge Duarte, concelleiro de Espazos Cidadáns; Belén Hernández, xerente do Consorcio de Santiago, Gumersindo Feijóo, vicerreitor de Planificación e Proxección Estratéxica da USC; Rubén C. Lois, coordinador do GI-1871 (Grupo ANTE – Análise Territorial) da USC; e Segundo Pérez, deán da Catedral de Santiago. Moderará o debate o investigador social Luís G. Cuntín Do Campo.

A comentario e debate estarán os diversos perfís da cidade, a súa convivencia e harmonía; a cohesión da cidade, a relación e influencia deses perfís na vida das persoas, na actividade da cidade, e na relación con visitantes e turistas. Igualmente, a percepción que as persoas, visitantes e locais, teñen da cidade, dos espazos públicos e das varias entidades que teñen nela máis peso.

Direccións relacionadas



Compartir: