ALCALDÍA

Recepción a alumnado dos institutos Eduardo Pondal de Santiago e de Ponteceso

27/05/2019 O segundo tenente de alcalde, Jorge Duarte, recibiu un grupo de alumnos e alumnas dos IES Eduardo Pondal de Santiago e de Ponteceso, que están a manter un intercambio cultural.

Estes dous institutos comparten nome e é precisamente en torno á figura de Eduardo Pondal que xira este intercambio académico. O poeta naceu en Ponteceso, pero pasou a súa etapa universitaria en Santiago de Compostela, cidade onde ademáis foi un dos organizadores do Banquete de Conxo.

Compartir: